
Serpes e dragóns
Vigo, 1997, Edicións do Cumio, 92 pp.
Probablemente é a serpe un dos animais dotados de maior riqueza simbólica, e tamén dos menos comprendidos. E o seu parente, o dragón, é un dos híbridos máis destacados da tradición galega e europea; imaxinario, si, pero que responde perfectamente a concepción tradicional europea da natureza e do mal. Nos contos galegos aparecen como animais maléficos, gardiáns de tesouros, encarnacións de demos, de bruxas, de defuntos, de ríos e de mouras.