
O sexo na poesía popular galega
Vigo, 1995, Edicións do Cumio, 169 pp.
Análise dun dos elementos máis frecuentes e elaborados da riquísima poesía oral: a dobre linguaxe de contido erótico. Detrás da aparente inocencia da maioría dos versos, agáchase unha intención pícara. Descóbrense as metáforas que escolleu o pobo galego para aludir á vulva, ao falo e á cópula. E móstrase como as imaxes elixidas responden a un determinado tipo de sociedade e a unha determinada concepción das relación de xénero.