O entroido ou os praceres da carne

Sada. O Castro.. 2000, 217 pp. Reeditado en 2005)

Fronte as teorías que ven no Entroido unha festa pagá, defendo que nesta festa se fai a representación dun mundo contrario á Coresma, un mundo ao revés, un mundo carnal e libertino no que as persoas quedan reducidas ao seu corpo, á súa carnalidade, a animais. As máscaras máis destacadas, as tipo peliqueiro -con chocas, pelicas e outros atributos animais- proceden da representación do corpo, da carne, no teatro relixioso. E as madamas derivan claramente das imaxes medievais da Luxuria personificada. Polo tanto, esta celebración no é nin un resto do paganismo nin unha protesta revolucionaria; é a demostración do absurda que sería unha sociedade fundamentada na exaltación dos praceres carnais.