O demo e o trasno

Vigo, 1996, Edicións do Cumio, 126 pp.

O demo é un personaxe básico do sistema dualista tradicional. Na cultura urbana actual os trazos do vello demo resultan incomprensibles. A xente rise dos seus cornos, dos ollos de cabra e dos longos cabelos enmarañados e sucios. Suponse que a súa figura é o froito da unión contra natura de crenzas católicas e pagás e que só podía existir no tempo da razón durmida. Pero a súa figura ten unha lóxica recia e ben fundamentada. Todo no demo ten sentido, mesmo as súas encarnacións en diferentes animais.