Manuela Branco Romasanta. O lobishome asasino

Vigo, 2007, Nigra Trea, 195 pp.

A crónica do home lobo Romasanta, baseada no sumario do xuízo que se conserva completo no Arquivo do Reino de Galiza, é un dramático documento sobre a cara oculta da especie humana e un bo retrato da sociedade do seu tempo, primeira metade do século XIX. O protagonista, sospeitoso de crimes horrendos, era un ser ambiguo, afábel, sedutor e devoto.
Tras expoñer os feitos, o autor contribúe a unha das múltiples lecturas posíbeis, realizada desde a antropoloxía en colaboración con outras ciencias, nun intento de aclarar por que Branco Romasanta se convertía en lobo.