Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza

Vigo, 2010, Nigratrea, 499 pp. (en colaboración con X. M. González Reboredo)

O Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, o primeiro dedicado de maneira monográfica a esta temática, ten o obxectivo de dar a coñecer a nosa rica, complexa e interesante cultura tradicional e valorala como se merece. Ofrece abundante información e sopesadas interpretacións sobre a cultura material, os aspectos sociais, as crenzas e os saberes: produción agraria, cultivos, apeiros, gando, pesca, oficios, alimentos, transporte, vivenda e feiras; a familia, a herdanza, a infancia, a vellez e o casamento; e tamén as festas, romarías, crenzas, relixiosidade, literatura oral, música, medicina e bruxería.