
Contos marabillosos
Vigo, 1996, Edicións do Cumio, 113 pp.
Os contos fantásticos son auténticos diamantes da literatura oral, pulidos xeración tras xeración ata lograr pezas perfectas. Conteñen aventuras, loitas, traizóns, sacrificios persoais, acontecementos extraordinarios; e unha galería completa de heroes, malva-dos, seres fabulosos, animais míticos, etc.
Os contos fantásticos tratan dos conflitos humanos básicos, particularmente dos que o neno ha de superar para acadar a madurez: o espertar da sexualidade, a independencia dos pais, os perigos do incesto, os celos, a rivalidade entre os irmáns… A característica propia dos contos fantásticos é traducir en imaxes visuais eses procesos psíquicos; non describen a realidade exterior, senón a realidade interna.