
Antropoloxía da alimentación
Santiago, 2004, Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, 93 pp.
Cada cultura realiza unha selección dos alimentos dispoñibles. Elixe. A elección, como todo feito cultural, depende de varios factores: as necesidades biolóxicas, o hábitat e a tradición particular de cada pobo. Ademais os alimentos, e tamén as formas de prepa-ralos e servilos, a miúdo funcionan como signos. En xeral, na elección de calquera comida interveñen simultaneamente eses catro compoñentes. Seguindo a destacados especialistas da antropoloxía da alimentación, analizo o consumo ou o rexeitamento de cereais, de insectos e da carne de porco, de cabalo e de vaca.