
A TRABE DE OURO E OS MOUROS DOS CASTROS
A inspirada aplicación galega do método universal para crear pobos míticos», A trabe de ouro tomo II ano XXV pp. 163-191
Os labregos galegos, e europeos, para crearen o pobo dos mouros empregaron un método de amplo uso nas sociedades humanas. O método é sinxelo: o pobo creador atribúelle ao pobo creado bastantes dos seus trazos culturais e logo engádelle algúns diferentes, ben ideais e utópicos, ben degradantes e ofensivos, ou négalle os máis prezados e nobres.