
Entroido en Galicia
(en colaboración con G. Reboredo), Coruña, Diputación, 218 pp.
Este libro ten dúas partes: nunha primeira faise un repaso das máscaras, disfraces, bromas, xogos, comidas, farsas e enterros carnavalescos en Galiza. Na segunda parte estúdase con máis detalle o Entroido da Ulla, coas comparsas de xenerais e correos. Demóstrase que é un Entroido que, ademais de divertido, reflicte a estrutura da sociedade rural galega, formada pola casa, a aldea e a parroquia. Unha das moitas xoias da nosa tradición.