
Bestiario en pedra, animais fabulosos na arte medieval galega
Vigo, 2004, Nigratrea, 249 pp. (en colaboración con Carlos L. Bernárdez)
Esta obra pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría da xente actual non as «ve», a arte medieval galega está repleta de representacións de animais dunha riqueza e unha variedade extraordinarias. Aí están as anfisbenas, basiliscos, centauros, dragóns, grifóns, sereas ave e sereas peixe. Animais fabulosos dos que este estudo ofrece unha documentada interpretación.