Autobiografía dun labrego

Vigo, Xerais, 112 pp. (Reeditado en 2016)

A técnica das autobiografías antropolóxicas ten moita tradición nos Estados Unidos, onde son famosas as obras de Oscar Lewis. Esta autobiografía ten por autor e protagonista a Manuel García Lemos, Manuel de Bao ou Manuel de Roxo. Este home intelixente, vital e dunha simpatía sen desfalecemento -nada infrecuente entre os homes e as mulleres do mundo rural galego- conta a súa vida e os costumes na súa parroquia.