Aparicións e Santa Compaña

1995, Edicións do Cumio, 125 pp.

Narracións sobre a morte, sobre os agoiros, sobre as visións, sobre cadáveres e esqueletos que seguen vivos e sobre as variadas relacións entre os vivos e os mortos, que van dende as moi distantes ás que supoñen unha intensa convivencia.
As historias de aparecidos son unha creación cultural estimable: permiten mitigar a angustia ante a morte, transmiten normas básicas para a convivencia e reforzan as relacións sociais; ademais, como tema literario, contan con todos os ingredientes para interesaren e emocionaren os oíntes. Case nada.