Antropoloxía de Galicia

Vigo, 2000, Xerais, 518 pp.

O obxectivo deste libro é analizar a cultura da Galiza tradicional. Enténdese por cultura -segundo a clásica definición de Edward Tylor- o complexo conxunto dos coñecementos, as crenzas, as artes, a moral, as leis, os costumes e calquera outras aptitudes e hábitos adquiridos polo home como membro dunha sociedade. A antropoloxía dunha cultura é sempre a antropoloxía nun momento determinado. Eliximos o período 1926-1965 por dúas razóns: unha, porque contamos con abundantes traballos etnográficos desa época; e outra, porque é un período bastante homoxéneo. Tentamos explicar como se relacionan uns elementos culturais cos outros e facer intelixible o conxunto.