A cultura e as súas artimañas

A cultura e as súas artimañas

Santiago, 2019, Facultade de Filosofía, 49 pp

Seguindo a Edward Tylor, chamamos cultura aos comportamentos aprendidos e, seguindo a Franz Boas, ao conxunto de costumes e crenzas dunha determinada comunidade. A pluralidade de culturas non responde a unha diversidade racial ou xenética. Resulta da interacción de factores como o medio ambiente, a demografía, a historia e os avances tecnolóxicos. Sen embargo, os seres humanos afánanse aquí e alá, agora e no pasado, en dar por instintivos certos comportamentos, e consideran dignos os usos propios, e animalescos, contra natura ou absurdos os dos demais. Velaí algunhas das artimañas da cultura.